Dez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
10 | ||
Cardinal | Dez | |
Ordinal | Décimo, a | |
Factorización | 10 = 2 × 5 | |
Numeración romana | X | |
Sistema binario | 1010 | |
Sistema hexadecimal | A | |
Propiedades matemáticas | ||
φ(10)= 4 | τ(10) = 4 | σ(10) = 18 |
π(10) = 4 | μ(10)= 1 | M(10) = -1 |
O dez (10) é o número natural que segue ao nove e precede ao once. Na numeración romana represéntase cun X.
O 10 é un número composto, que ten os seguintes factores propios: 1, 2 e 5. Como a suma dos seus factores é 8 < 10, trátase dun número defectivo.
O 10 é a base do sistema decimal.
O 10 é o cuarto número triangular, despois do 6 e antes do 15.
Un polígono de 10 lados recebe o nome de decágono.
O número 10 é un dos máis famosos na historia da humanidade. Moitos pobos primitivos contaban á base de utilizar os dedos das dúas mans, co que chegaban ata dez. De feito, o símbolo romano "X" para dez tiña o significado inicialmente de dúas mans cruzadas.