Don Rodrigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Último rei visigodo, que perdeu e morreu contra os musulmáns na batalla de Guadalete no 711. Don Rodrigo foi antes de rei duque da Bética, pero foi elixido rei trala morte de Witiza, o seu antecesor.
Os fillos de Witiza non estiveron dacordo coa decisión, apoiando ó seu irmán Akhila, e pactaron cos musulmáns a entrada na península dun continxente destinado a usurpa-lo título de Don Rodrigo, pero que finalmente se convertiría nun exército de invasión.
Cando os musulmáns desembarcaron na Península, Don Rodrigo foi á súa loita, atopándose daquela no norte, segundo as crónicas ou ben loitando contra unha revolta vascona ou contra os witizianos.
[editar] Vexa tamén
Hispania visigoda
Lista de reis godos