Editorial Toxosoutos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Casa editorial nacida en 1988 en Obre (Noia) con fortes vencellos con Gráficas Sementeira, nomeada probablemente polo río Toxosoutos que rega a comarca. Está centrada en temas relacionados coa historia de Galicia, a lingüística galega, a literatura galega, o mundo celta ou biografías e son os editores das seguintes coleccións:
- Fasquía (biografías);
- Cruceiro do Rego;
- Divulgación;
- Delfín;
- Ensino;
- Keltia (de temática celta);
- Nume;
- Seitura;
- Trasmontes;
- Trivium;
- Filolóxica;
- Lingüística;
- Narrativa;
- Memoralia; e
- cómics d´Os barbanzóns de Pepe Carreiro.
Tamén sacan o premio Historia Medieval de Galicia (quinta edición en 2005). Os seus principais números de ISBN son 605, 89129, 95622 e 96259.