Elisabeth Knight Britton
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bioloxía Elisabeth Knigth Britton (1858-1934)
Botánica e escritora norteamericana, contribuiu ó coñecemento dos musgos. Nada na cidade de Nova York o 9 de xaneiro de 1858, Elizabeth Knight creceu en Cuba, onde a súa familia tiña unha plantación de azucre. Asisteu a colexios en Cuba e Nova Iorque e en 1875 graduouse na Escola Normal. Durante 10 anos traballou nese mesmo centro, e durante este tempo construiu unha reputación como botánica afeizoada. Cara a 1883 especializouse en brioloxía, o estudo dos musgos, e publicou o seu primeiro artigo nese campo. En agosto de 1885 casou con Nathaniel L. Britton, xeólogo. Nathaniel pronto se voltou cara á botánica, facendo conxuntamente con el varios viaxes para recollida de campo nas indias occidentais. En 1886-1888 foi editora do Bulletin of the Torrey Botanical Club, do que foi membro dende 1879. Coa axuda prestada polo Club e outras persoas interesadas, o matrimonio liderou a creación dun xardín botánico en Nova Iorque. O New York Botanical Garden foi rematado no 1891, e no 1896 Nathaniel Britton foi o primeiro director da institución. O herbario de Columbia foi transferido alí en 1899, e Elisabeth tomou ó seu cargo, de xeito non oficial, a colección de musgos do departamento de botánica de Columbia e de xeito gradual foi construíndo unha impresionante colección, incrementada pola compra da xa recollida polo suizo August Jaeger no 1893. No 1912 otorgouselle o cargo de xeito honorario.
De xeito paralelo desenvolveu outras actividades. Así, en 1902 fundou a 'Wild Flower Preservation Society of America', sociedade americana para a preservación da flora salvaxe, da que foi en diferentes periodos secretaria e tesoureira. A través da sociedade e diversas publicacións liderou movementos que lograron salvar diferentes frores en perigo ó longo dos Estados Unidos. De 1916 a 1919 foi presidente da Sullivan Moss Society, que axudara a fundar en 1898 e que no 1949 pasou a ser a American Bryological Society. Publicou 346 artigos científicos entre 1881 e 1930, e ten 15 especies e 1 xénero de musgos (Bryobrittonia) que levan o seu nome. Morreu no Bronx, Nova Iorque, o 25 de febreiro de 1934.