Enlace
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
enlace s.m.
- Relación ou unión dunha cousa con outra. O enlace das diferentes ideas non está ben conseguido.
- Persoa a través da que outras manteñen unha relación entre si, de maneira non directa. Toda a información chégalle por medio dun enlace.
- En informática, ligazón ou hipervínculo.
- En Química, un enlace é unha unión de tipo entre átomos para formar moléculas. O enlace nas moléculas da auga é covalente polar (Ver Enlace químico)