Enrique Álvarez Paredes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enrique Álvarez Paredes (9 de xuño de 1949 en Lugo) é un político galego.
Profesor de Ensino Primario, é militante do Partido Popular de Galicia polo que foi tenente de alcalde no concello de Lugo e vicepresidente da deputación. Tamén foi deputado no Parlamento de Galicia (1989-1996). Foi o fundador e é o actual presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo