Talk:Entroido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No meu dicionario non aparece antroido pero si entroido, ¿non habería que mover esta páxina a entroido? Segundo o que decidades, facémolo ou non. Unha aperta--Luisinho(✍ ir á miña discusión) 21:43, 28 Mar 2005 (UTC)
- Entroido é a forma recoñecida e ten que ver coa etimoloxía da palabra (de entrar), se non se opón ninguén haberá que a cambiar á forma correcta.--Rocastelo 21:47, 28 Mar 2005 (UTC)
[editar] Movida
Movida a páxina e mailas ligazóns, agora só queda borralas anteriores:
- Antroido/Ribadeo, movida a entroido/ribadeo
- Pregón ano 1997/Antroido Ribadeo movidas todas a entroido
- Pregón ano 1996/Antroido Ribadeo
- Pregón ano 1998/Antroido Ribadeo
- Pregón ano 1999/Antroido Ribadeo
- Pregón ano 2001/Antroido Ribadeo
- Pregón ano 2004/Antroido Ribadeo
--Luisinho(✍ ir á miña discusión) 14:50, 29 Mar 2005 (UTC)
[editar] Entroido
Copia do deixado nas páxinas de comentario de Luisinho:
Ola, Luisinho. Vexo que estás a cambiar as entradas de Antroido de Ribadeo por Entroido. A forma que ti pos non se usa por aquí, por eso estaba así. Non teño inconvinte en deixalo como o puxeches ti, pero creo que debera estar do outro xeito polo que digo. En tal caso, facer ó revés, crear unha páxina con 'Entroido' e redirixila a 'Antroido'.--Agremon(contacto) 14:52, 29 Mar 2005 (UTC)
- As páxinas dos pregóns deberían estar na wikisource, e non ten moito sentido modificalo, deixaría de ser o pregón tal como se pronuncionou.--Rocastelo 17:00, 29 Mar 2005 (UTC)
- A letra dos pregóns non foi modificada, só se moveron de sitio.--Luisinho(✍ ir á miña discusión) 17:41, 29 Mar 2005 (UTC)
- Non me refería ao que fixeches ti, quería dicir que os artigos da wikipedia son por definición modificables, e eses artigos referidos aos diferentes pregóns de Ribadeo, son por natureza inmodificables, deixarían de ser os pregóns que se dixeron, polo que reforzaba o meu argumento de os mover a wikisource.--Rocastelo 17:51, 29 Mar 2005 (UTC)
[editar] Fusión con Carnaval
Independentemente das nosas opinións sobre a galeguidade do termo Carnaval, o certo é que os dicionarios recoñecen que é sinónimo de entroido. Por iso o lóxico é fusionalo. Mantiven na fusión a discusión sobre a etimoloxía de carnaval e retirei algunhas referencias á Coresma, que se repetían en varios puntos do mesmo artigo.
Quedaría por crear unha lista de entroidos do mundo, que é moi necesaria.--Xabier Cid 09:50, 23 febreiro 2007 (UTC)