Equéstrato
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na mitoloxía grega, Equéstrato (en grego antigo Ἐχέστρατος / Ekhéstratos) é un rei lexendario de Esparta.
Fillo de Axis I, neto de Eurístenes, pertence á casa real dos Axíadas. Sucédeo o seu fillo Leobotes (ou Labotas en Heródoto, que é a forma dórica do nome).
[editar] Fontes
- Pausanias: Descrición de Grecia III, 2.
Esparta | ||
---|---|---|
Segue a: Axis I |
Equéstrato (-900--870) |
Precede a: Leobotes |
Axíadas |