Escola de Vela Tradicional da Illa de Arousa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
A Escola de Navegación Tradicional "Dorna" da Illa de Arousa é unha asociación adscrita á [FGCMF] Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Esta escola realiza cursos de navegación en dorna a vela na praia do Bao, xusto ó pasa-la ponte da Illa de Arousa, tentando que que a Cultura da navegación tradicional galega non se extinga. Os cursos son polo verán, dende finais de Maio, primeiros de Xuño, ata mediados de Setembro para todos aqueles que se queiran apuntar. Os cursos constyan de clases teóricas de tecnoloxía da vela, embarcación da dorna e aparellos, e clases prácticas a bordo de dornas a vela onde se pulirá o estilo dos futuros campións dorneiros.