Escultura gótica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A escultura gótica naceu coa arquitectura gótica, a elevación dos piares fixo que o capitel perdese a súa importancia como como soporte de temas iconográficos esculpidos, a escultura atopou o seu lugar no exterior das catedrais e igrexas, coa excepción do altar e unha decoración vexetal e xeométrica en moitas partes do interior; evolucionando desde o naturalismo de cariz clasicista do século XIII a unhas figuras realistas e expresivas que parecen que se moven e procuran un perfil en ese, chegando no século XV a un patetismo acentuado que se trasluce no pregado agudo das roupas.