Esperanza Aguirre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esperanza Aguirre Gil de Biedma (Madrid, 3 de xaneiro de 1952) é unha política española.
Sobriña de Jaime Gil de Biedma, estudou no Instituto Británico de Madrid, licenciouse en dereito na Universidade Complutense 1974.
En 1976 accedeu como funcionaria ó Corpo de Técnicos de Información e Turismo. Durante a transición militou no Partido Liberal, partido coaligado con Alianza Popular, e saiu elixida concelleira en Madrid e acabou ingresando no Partido Popular en 1986. Elixida senadora en 1996, ministra de Educación e Cultura con José María Aznar (1996-1999), foi a primeira presidenta do Senado (1999) e é a presidenta da Comunidade de Madrid desde 2003 e presidenta do PP de Madrid desde 2004.