Exactitude
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En enxeñería, ciencia, industria e estatística, denomínase exactitude á capacidade dun instrumento de medir un valor próximo ao valor da magnitude real. Exactitude implica precisión. Pero non ao contrario. Esta cualidade tamén se atopa en instrumentos xeradores de magnitudes físicas, sendo neste caso a capacidade do instrumento de achegarse á magnitude física real.