Félix Couchoro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Félix Couchoro (Ouidah (actual Benín) 1900 - Lomé, 1968) foi un escritor togolés.
Estudou nunha misión católica e exerceu como profesor dunha escola católica. En 1929 publicou L'Esclave na revista La dépêche africaine de París, a segunda novela publicada en francés por un africano. De volta a África editou o xornal L'éveil Togo-Dahoméen ata 1935, crítico coa administración colonial en 1941 trasladouse a Togo e formou parte do Comité da Unidade Togolesa, formación nacionalista. En 1954 ten que se instalar en Gana, regresou logo da vitoria nacionalista en 1960, e traballou para o Servizo Nacional de Información e publicou novelas por entregas no xornal Togo Presse
[editar] Obra
- L'Esclave, 1929
- Amour de féticheuse, 1941
- Drama d'amour à Anecho, 1950
- L'héritage cette peste, 1963