Félix Guattari
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pierre-Félix Guattari (Villeneuve-les-Sablons, Oise, 30 de abril de 1930 - Cour-Cheverny, Loir-et-Cher, 29 de agosto de 1992) foi un psicoanalista, filósofo, político comunista francés, , pioneiro da "psicoterapia institucional" e fundador da "esquizoanálise" e da "ecosofia".
Xoven estudante de farmacia orientouse moi logo cara a psiquiatría. Como psicoanalista prosegue a súa formación na escola do máis famoso dos psicoanalistas franceses, Jacques Lacan, facéndose membro da "Escola Freudiana de París".
Militante politico de orientación comunista, estará porén lonxe do Partito Comunista Francés pola súa postura radical e anti-stalinista. Será redactor do boletín de oposición esquerdista "La voie communiste" (A vía comunista).
Como psicoterapeuta foi un expoñente do movemento da antipsiquiatría, fundando xunto a outros ( como o Dr. Jean Oury, que continuando a experiencia do Dr. François Tosquelles no hospital dei Saint-Alban, puxo as bases da denominada "Psicoterapia Institucional"), en 1953, a "Clinica psiquiátrica de avangarda" para psicóticos de La Borde, en Cour-Cheverny, onde traballou durante cuarenta anos, ata a súa morte en 1992.
Como psicoanalista, filósofo, e como militante político, Guattari adquiríu notoriedade nomedamente pola súa asociación, tras o maio de 1968, con o filósofo francés, prestixioso expoñente do "renacemento nietzscheano", Gilles Deleuze con quen escrebeu "O Anti-Edipo. Capitalismo e esquizofrenia" en 1973, que critica a psicoanálise, acusándoa de "familiarismo", sobre todo de agochar o desexo como "romance familiar": Edipo.
En 1987 fundou, con Deleuze, a revista "Chiméres" (boletín de esquizoanálise).