Fórmula química
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Expresión simbólica que concreta a composición dunha substancia química, empregando símbolos atómicos e subíndices para indicar a cantidade de átomos de cada tipo. Nos compostos orgánicos úsanse fórmulas químicas de varios tipos: condensada (empírica), semicondensada (semiempírica) ou semidesenvolvida e desenvolvida, segundo que se especifiquen ou non as unións interatómicas con menor ou maior detalle, se ben soe usarse algún tipo de fórmula semi desenvolvida.