Feófito
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Son algas mariñas de cor castaña. Son os protoctistas de maior tamaño. Sábese de cerca de 1500 especies. A maioría dos feófitos viven nas costas rochosas do mar. Dominan na zona intermareal. Son os principais productores primarios de varias comunidades de animais invertebrados e microbios.
A súa reproducción é Reproducción sexual. Forman óvulos e espermatozoos biundulipodiados, que teñen un undulipodio mastigonemado dirixido cara adiante e outro liso cara atrás. O óvulo fertilizado xermola en resposta a unhas determinadas condicións de luz. O organismo diploide que se desenvolve a partir do óvulo fertilizado recibe o nome de esporófito.