Fernán Caballero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernán Caballero, nada en Cantón de Vaud, Suíza, o 24 de decembro de 1796 e morta o 4 de abril de 1877, era o pseudónimo empregado pola escritora española Cecilia Böhl de Faber.
[editar] Biografía
Cecilia naceu en Morges (Cantón de Vaud), Suíza, un 24 de decembro de 1796. Era filla do cónsul Juan Nicolás Bohl e de Frasquita Larrea, quen tamén escribira empregando o pseudónimo de "Corina".
Durante os seus primeiros anos viviu en Alemaña, regresando coa sua familia no ano 1813, á idade de 17 anos. Casou o 30 de marzo de 1816, co capitán de infantería don Antonio Planelles e Bardaxí. A parella mudouse a Porto Rico xa que o seu esposo fora destinado a ese lugar, pero ese matrimonio duraría pouco, debido ó falecemento de don Antonio.
Trasladase a Hamburgo, ao norde de Alemaña, onde viviu coa sua avoa. Alguns anos mais tarde mudouse novamente a O Porto de Santa María, España, onde coñece a Francisco Ruiz de Arco, marqués de Arco Hermoso. O 26 de marzo de 1822, contrae segundas nupcias co marqués, en Sevilla. En maio de 1835 enviuvou novamente.
Pouco tempo despois coñeceu a Antonio Arrom de Ayala, con quen contraxo matrimonio en 1837. Pero Ayala estaba doente de tisis e con graves problemas económicos que fan que se suicide en 1863.
Quedou así a escritora na pobreza; os duques de Montpensier e a raiña Isabel II, protexena e brindanlle unha vivenda no Patio das Banderas do Alcázar de Sevilla. Pero a Revolución de 1868, a obriga a mudarse debido a que as casas foron postas en venta.
Faleceu o 7 de abril de 1877.
[editar] As súas obras
- A filla do Sol.
- A fror das ruinas.
- Calar en vida e perdoar na morte.
- Cadros de costumes populares andaluzas.
- Lucas García.
- Clemencia.
- Bágoas.
- A estrela de Vandalia.
- A gaivota.
- Contos e poesías populares andaluzas.
- Contos, oracións, adivinanzas e refráns populares.
- Pobres e ricos.
- Obras completas.
- Contos de encantamiento infantís.
- O refraneiro do campo e poesías populares.