Fernando Abril Martorell
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernando Abril Martorell (1936-1998) foi un político español.
Naceu en Valencia, estudou en Madrid enxeñería eléctrica e ciencias políticas. En 1969 foi nomeado presidente da deputación provincial de Segovia, foi director técnico do FORPPA (1971-1972), director xeral de produción agraria (1972-1974) e procurador en Cortes. Home de confianza de Adolfo Suárez, ó acceder á presidencia de goberno nomeouno ministro de agricultura (1976-1977), senador por designación real (1977-1979), foi un dos fundadores da UCD, forza pola que foi elixido deputado por Valencia (1979-1982) e presidente rexional da UCD de Valencia. Vicepresidente terceiro do goberno (1977-1978), cicepresidente segundo e ministro de economía (1978-1980). A partir de 1982 deixou a política e dedicouse ó mundo empresarial, foi presidente da Unión Naval de Levante e vicepresidente do Banco Central Hispano (1991). Morreu en Madrid dun cancro de pulmón.
Foi autor do Informe Abril que lle encargou Felipe González para avaliar o sistema sanitario español.