Fernando Namora
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernando Namora (1919-1989) foi un escritor portugués, nacido en Condeixa-a-Nova.
Licenciouse en medicina na Universidade de Coimbra, carreira que exerceu na súa terra natal e na Beira Baixa e no Alentejo. Estreouse na literatura co volume de poesía Relevos (1938), e nese ano publicou a novela As Sete Partidas do Mundo, que recibiu o Premio Almeida Garrett. A súa obra evoluiu cara un madurecemento estético do Neorealismo.
Entre os títulos que publicou encóntranse Fogo na Noite Escura (1943), Casa da Malta (1945), As Minas de S. Francisco (1946), Retalhos da Vida de um Médico (1949 e 1963), A Noite e a Madrugada (1950), O Trigo e o Joio (1954), O Homem Disfarçado (1957), Cidade Solitária (1959), Domingo à Tarde (1961), Os Clandestinos (1972) e Rio Triste (1982).