Fernando Vázquez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernando Vázquez (Castrofeito, A Coruña 24 de outubro de 1954) é un adestrador de fútbol.
Fillo de familia numerosa, foi o irmán ao que lle tocou estudar e así foi coma acabou de mestre de inglés en Lalín. Unha vez alí, comezou a colaborar moi activamente nas escolas deportivas de fútbol e logo, xa coma adestrador profesional, subiu dende rexional ata Segunda B ao Lalín. Entrenou diversos equipos (como se pode observar na traxectoria). Destacan, como maiores logros, os devanditos ascensos do Lalín, o subcampionato de inverno co U.D. Compostela (95-96) e o ascenso co Celta de Vigo na tempada 2004-05. É un dos adestradores da Selección Galega de Fútbol, xunto con Arsenio Iglesias.
[editar] Traxectoria
Adestrou os seguintes equipos:
- Celta de Vigo (2004 - 9 de abril de 2007)
- Valladolid (03-04)
- Rayo Vallecano (02-03)
- Las Palmas (01-02)
- Betis (00-01)
- Mallorca (99-00)
- Oviedo (98-99)
- S.D. Compostela (95-98)
- Lugo (94-95)
- Racing Ferrol (91-94)
- Lalín (86-91)