Filoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Definición
Parte da lingüística dedicada ó estudo dos textos antigos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, grámatica histórica e literaria coma de conservación e restauración física das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de Biblioteconomía e Restauración). Se ben a súa etimoloxía indica que debería significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüístico. En xeral aplícase por extensión a todo o coñecemento lingüístico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "Filosofía e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "Filoloxía" desa lingua.
[editar] Ensino
Ata a década dos anos 1980, os estudos de Filoloxía galega adscribíanse coma unha sección de Filoloxía hispánica, pero logo foron segregados coma unha especialidade á parte. No ensino universitario galego, a Filoloxía está centrada tradicionalmente na Universidade e Campus de Santiago de Compostela, se ben coa segregación das universidades coruñesa e viguesa se implementaron centros e facultades en tódolos campus. A distribución das Filoloxías nos Campus galegos é a seguinte:
Universidade de Santiago | Campus de Santiago | Filoloxías galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemana, portuguesa, románica, italiana e clásica |
Universidade de Santiago | Campus de Lugo | Filoloxía hispánica |
Universidade da Coruña | Campus da Coruña | Filoloxía galega, hispánica e inglesa |
Universidade da Coruña | Campus de Ferrol | NON HAI FILOLOXÍAS |
Universidade de Vigo | Campus de Vigo | Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación) |
Universidade de Vigo | Campus de Pontevedra | NON HAI FILOLOXÍAS |
Universidade de Vigo | Campus de Ourense | NON HAI FILOLOXÍAS |