Fisión nuclear
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na fisión nuclear, un átomo dun elemento é dividido producindo dous átomos de menores dimensións de elementos diferentes.
A fisión de 1 kilogramo de uranio 235 libera unha media de 2,5 neutróns por cada núcleo dividido. Á súa vez, estes neutróns van causar axiña a fisión de máis átomos, que liberarán máis neutróns e así sucesivamente, iniciando unha auto-sustentada serie de fisións nucleares, á cal que se lle dá o nome de reacción en cadea, que resulta na liberación continua de enerxía.
Cando se calcula a masa total dos produtos da escisión nuclear, verifícase que é menor que a masa orixinal do átomo antes da escisión. A teoría da relatividade de Albert Einstein dá a explicación para esta masa perdida: Einstein demostrou que masa e enerxía son dúas equivalentes. Polo tanto, a masa perdida durante a escisión reaparece baixo a forma de enerxía. Einstein resumía esta equivalencia na famosa ecuación

onde E é a enerxía, m a masa e c a velocidade da luz. Dado que c é moi grande (300 000quilómetros por segundo), ocorre igual con E, que é realmente moi grande, mesmo cando se perde unha moi pequena porción da masa.