Florentino López Cuevillas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Florentino López Cuevillas naceu en Ourense o 14 de novembro de 1886 e faleceu na mesma o 30 de xullo de 1958.
Foi soterrado no cemiterio de San Francisco.
Pai da arqueoloxía científica galega.
Fillo dun funcionario da facenda que morreu antes de Florentino nacer. Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, profesión que nunca exerceu. Funcionario do Estado estivo destinado en Madrid durante unha breve temporada e estudou alí por libre Filosofía e Letras, carreira que non rematou. Amigo de Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco, pola súa influencia escribiu en Nós, onde publicou o seu primeiro artigo arqueolóxico A mansión Aquis Querquernis en 1920.
Desde entón traballou incansablemente no estudo da historia e patrimonio arqueolóxico galego desde a Comisión Provincial de Monumentos históricos y artísticos de Orense.
No ano 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
[editar] Obras
- A edade do ferro na Galiza
- Galicia sempre
- Os Oestrimnios, os Saefes e a ofiolatría en Galiza.(1929). Coautor Fermín Bouza Brey.
- La civilización céltica en Galicia (1953)
- Como naceu a cidade de Ourense
- Relacións prehistóricas entre Galicia e as illas Británicas
- As raíces fondas de Galicia
- O trasno na vila
- O poema da seca
- Prosas galegas (publicado póstumamente en 1962)
- Dos nosos tempos (publicado póstumamente en 1962)