Forges
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio Fraguas de Pablo, coñecido como Forges é un humorista gráfico español, colaborador habitual do diario El País, nado en Madrid o 17 de xaneiro de 1942).
[editar] Biografía
Fillo de nai catalá e pai galego, pasou a súa infancia nunha ampla familia na que é o segundo de nove irmáns. Foi un mal estudante, pero un gran lector de Richmal Crompton e os seus libros sobre Guillermo Brown. Cursou estudos de Enxeñería de Telecomunicación e Ciencias Sociais. En 1956, con sus 14 anos, comeza a traballar como técnico de telecine en Televisión Española e como mesturador de imaxe desde 1962. Abandonou a plantilla de TVE sendo Coordinador de Estudo en 1973 para dedicarse profesionalmente ó humorismo gráfico. Publicara o seu primeiro debuxo en 1964 no diario Pueblo, da man de Jesús Hermida, e logo pasou a Informaciones. Jesús de la Serna encomendoulle o chiste editorial; en 1970 comenza a colaborar en Diez Minutos e traballa nas revistas de humor Hermano Lobo e Por Favor. Fixo o servizo militar como furriel de artillería, casou e tivo tres filas e un fillo. Publicou o chiste editorial en Diario 16 e posteriormente en El Mundo, pero deixou este xornal, do que fora un dos fundadores, e pasou a asinar o chiste editorial de El País, para o que continúa publicando o seu chiste diario an actualidade. Ademais posúe seccións de humor gráfico nas revistas Lecturas, Jano e El Jueves. Dirixiu dúas películas (País S.A., 1975, e El Bengador Gusticiero y su pastelera madre, 1977) e 4 series de humor en televisión, El Muliñandupelicascarabajo (1968), Nosotros (1969) e 24 horas aquí (1976), en TVE; e Deforme semanal (1991), en Telemadrid co seu irmán José María Fraguas. Na radio participou en programas como Protagonistas, La Ventana e actualmente en No es un día cualquiera, de RNE, con Pepa Fernández, e en "La Ventana", de Gemma Nierga, na Cadena SER.
Como humorista utiliza uns moi personais bocadillos de grosa liña negra e unha refinada linguaxe extraída directamente da rúa. "Inventor" de palabras e modismos léxicos, (bocata, firulillo, esborcio, jobreído, etc.), é un dos poucos humoristas cun oído sensible á linguaxe popular. Na súa obra ocupan un lugar fundamental o costumismo e a crítica social. O seu forte é a visión crítica das situacións da vida cotiá; creou toda unha extensa iconografía de personaxes e situacións cómicas que reflicten a idiosincrasia e a socioloxía da España contemporánea. Mariano, un burgués frustrado casado cunha gordísima muller chamada Concha, que representa á represiva conciencia; os náufragos nunha illa aburrida que teñen que combater a soidade cunha hipertrofia da fantasía; os Blasillos que representan a España rural e eterna; as vellas que conxugan informática e paletez; os oficinistas cabreados; o matrimonio sepultado nunha cama inmensa o yuppi americanizado e idiota; o niñato "pijo" e imbécil; o alienado polo fútbol, o oficinista cabreado e subversivo, o descolgado que pecha bares, o pretensor de ventanilla, o enclaustrado no búnker, etc... Unha parte substancial da súa obra constitúena os álbumes sobre Historia de España en cómic e sobre informática para torpes. Afirma que en España non é necesaria a inspiración para ser humorista.
[editar] Obra
- 2006 - "El Franquismo y hacia la Libertad" a era franquista en comic, de la Historia Forgesporánea.
- 2006 - "La Guerra Incivil", la Guerra Civil española en comic, da serie Historia Forgesporánea.
- 2006 - El ambiente siempre está en medio, con Joaquín Araujo
- 2005 - Arte de am@r (Dibujos)
- 2004 - Humor del Día (Dibujos)
- 2003 - Números pares, impares e idiotas con Juan José Millás
- 1996 - Colección La Neurona Feliz (6 tomos de dibujos)
- 1992-2006 - Informática para Torpes, (Ilustraciones de 72 tomos)
- 1992 - Doce de Babilonia (Novela)
- 1985 - Los Manuales de Crisp & Son (Cómic)
- 1984 - Historia Forgesporánea (Cómic)
- 1982 - Forges 5 (Dibujos)
- 1982 - Los Wordiales '82 (Cómic)
- 1980 - Historia de Aquí (Cómic)
- 1980 - Forgescedario (7 libros de debuxos)
- 1979 - Forges 4 (Dibujos)
- 1978 - La Consti (la Constitución de 1978 al alcance de cualquier lector)(Cómic)
- 1976 - Los Forrenta años (40 años de franquismo)( Cómic)
- 1974 - Comiciclos (Cómic)
- 1974 - Forges 3 (Dibujos)
- 1973 - Forges 2 (Dibujos)
- 1972 - Forges 1 (Dibujos)