Forró
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O forró é un xénero musical (e unha danza) orixinaria da Rexión Nordeste do Brasil. O forró é especialmente popular nas cidades de Caruaru e Campina Grande, onde é símbolo da Festa de San Xoán, e nas capitais Fortaleza, Natal e Recife onde se promoven grandes festas que duran a noite toda. Forró tamén é o nome dado a estas festas.
Rigorosamente, o forró é un conxunto de estilos musicais relacionados, e non un único. Entre varios ritmos diferentes que se identifican comunmente como forró, destacanse o baião, o côco, o [[rojão], a quadrilha, o xaxado, o arrasta-pé e o xote.
Índice |
[editar] Orixe do nome
O termo Forró, segundo o mestre potiguar Câmara Cascudo, notábel estudioso das manifestaçións culturais populares, ven da redución da palabra forrobodó, que significa, alén de arrasta-pé, farra, confusión, desorde.
É frecente asociarse a orixe da palabra forró á expresión inglesa for all (para todos), como un anglicismo. Para esa versión foi construída unha enxeñosa historia: no inicio do século XX, os enxeñeiros británicos, instalados en Pernambuco para construir a ferrovía Great Western, promovían bailes abertos ao público, ou sexa for all. Así, for all pasaría a ser, no vocabulario do povo nordestino, forró (a pronuncia máis próxima). Outra versión da mesma historia substitue os ingleses polos norte-americanos e o Pernambuco do inicio do século XX pola [[[Natal]] do período da Segunda Guerra Mundial, cando unha base militar dos Estados Unidos foi instalada na cidade. Apesar de xocosa a versión, non hai sustentación para a orixe anglicista do termo.
[editar] A música
Os instrumentos tradicionais do forró son o triángulo, o acordeón e a zabumba, acompañados ás veces dun pandeiro. A música é practicamente sempre acompañada do canto polos músicos.
O tema das cancións é o amor (paixón, ciúmes, lembranza dun amor...) e o ritmo é vivo e alegre. Este xénero provén dunha mezcla do tambor indio precolombino e do acordeón dos colonos europeos.
[editar] A danza
O forró é a base dunha danza en parella (moi xunta), ainda que se pode bailar tamén en ronda. O paso é relativamente simple: dous pasos á esquerda, dous pasos á dereita. El impúlsaa a ela e pode facela describir voltas entre as demáis parellas. Os pasos poden ser saltiños.
[editar] Artistas
Existen innumerábeis orquestras de forró por todo o Nordeste brasileiro e moitas agrupacións improvisadas. Con frecuencia levan un nome baseado nun tipo de comida, como Mastruz com Leite e Noda de Caju (noda é o carozo); outras coñecidas son Brucelosa e Baba de Moça.
Algúns artistas que teñen divulgado os ritmos do forró para alén das festas populares foron Luiz Gonzaga, Sivuca, Dominguinhos e Elba Ramalho.