Fotosistema
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os fotosistemas son as enzimas encargadas de transformar a enerxía electromagnética da luz en enlaces químicos. Son macromoléculas ancoradas na membrana do tilacoide onde ten lugar a fotólise da auga que da inicio á fase luminosa ou clara da fotosíntese.
[editar] Excitación e transferencia de enerxía
- Atrápase un fotón no complexo antena, e o electrón promociona de orbital
- Transfírese por resonancia, esta enerxía, promocionando, coma unha onda do mar, os electróns cara o centro de reacción
- No CdR, a clorofila pasa o seu electrón a un aceptor que se reduce, quedando ela empobrecida electrónicamente, é dicir oxidada. Prodúcese unha reacción redox. O aceptor de electróns é a Feofitina
- Prodúcese a fotólise da molécula de auga, os electróns sobrantes reducirán a molécula de clorofila oxidada no paso 3