Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, fillo duns fidalgos galegos, naceu en Casdemiro, Ourense, en 1676. Considerado seguidor das ideas de Frei Martiño Sarmiento, ingresou coma el nun mosteiro benedictino uns meses antes de que cumprise os 14 anos. Cursou os estudos nas cidades de Salamanca e Oviedo. Dende 1709, e durante máis de medio século, residiu en Asturias, no colexio bieito de San Vicente de Oviedo. Feijoo morreu en Oviedo en 1764.
[editar] Obra
É o autor do Teatro crítico universal, ou Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes, que se publicou entre 1726 e 1740. Nesta obra trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das falsas crenzas e as supersticións, entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". Polo seu carácter enciclopédico, esta obra insírese na tradición das misceláneas, ao estilo da Silva de varia lección de Pero Mexía (século XVI). É autor tamén das Cartas eruditas y curiosas, publicadas entre 1742 e 1760.