Frontón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Frontón: superficie triangular formada polos beirís inclinados e a liña horizontal da cornixa nos edificios clásicos. O punto de unión das liñas inclinadas denomínase ápice. Non sempre son estructurais, pois con frecuencia poden ser elementos decorativos, mesmo a grande escala. A pequena escala coroan vans e ocos.
No desenvolvemento da arquitectura, os frontóns sufriran variedades a respeito do frontón clásico. Apareceran así o frontón curvo, no que as liñas rectas formadas polos beirís, son substituídas por unha semicircunferencia; ou o frontón roto ou partido, caracterizado pola interrupción das liñas inclinadas.
A superficie interna, delimitada polos elementos constituíntes, pode converterse nunha superficie decorada (escultura, pintura, etc) denominada tamén frontón ou tímpano, puidendo entón falarse dun frontón historiado.
Na arquitectura popular galega o espazo triangular delimitado polos beirís inclinados é denominado outón.
[editar] Trazado teórico
O trazado teórico do frontón clásico remite a unha relación ideal de proporcionalidade entre a súa altura e o ancho maior. Esa relación é 5/24 (máis ou menos 1/5). O fronton denomínase « rebaixado » cando esa relación é inferior ou igual a 4/24 (sobre 1/6); e denomínase « realzado » cando tal relación é superior ou igual a 6/24 (aproximadamente 1/4).