Fuerza Nueva
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fuerza Nueva (FN) foi un partido español de extrema dereita que se consideraba continuador da obra do franquismo. Dirixido por Blas Piñar fundouse en 1966 arredor do proxecto da revista e editorial Fuerza Nueva que en 1974 sufriu incautacións gobernativas. Constituído como partido en 1976 defendía a democracia orgánica e a monarquía tradicional e católica e opúñase á monarquía parlamentaria e á democracia de partidos.
Nas eleccións lexislativas de 1977 participou na coalición Alianza Nacional del 18 de Julio xunto a falanxistas e carlistas. Nas eleccións de 1979 a coalición denomínase Unión Nacional que consegue un deputado no Congreso que ocupou Blas Piñar. O golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 e o fracaso das eleccións de 1982 fixeron que a FN acabara disolvéndose.
As súas mocidades denomináronse Fuerza Joven e foi entre os militantes desta organización onde o descontento cara o que consideraban inmobilismo da dirección e un mirar excesivo cara o pasado se onde xurdiron os movementos que se converteron en antecedente dos movementos nacionalradicais en España, Frente Nacional de la Juventud e Frente de la Juventud.