Fugazi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fugazi | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Orixe | Washington D.C. |
País | Estados Unidos |
Período | 1987-actualidade |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Dischord |
Membros | Ian MacKaye Guy Picciotto Joe Lally Brendan Canty |
Antigos membros | |
Web oficial |
Fugazi é unha banda de rock de Washington D.C., formada en 1987. É actualmente unha das bandas máis influíntes no rock independente.
Índice |
[editar] Biografía
Despois da disolución da banda seminal de hardcore punk Minor Threat, Ian MacKaye (o seu guitarrista e cantante) estivo nun feixe de bandas de curta vida (destacar entre estas a banda de emo-core Embrace) antes de formar un novo trío, Fugazi, co baterista Colin Sears e o baixista Joe Lally. Sears deixou a banda para unirse a Dag Nasty e foi substituído por Brendan Canty.
MacKaye describe esta etapa de Fugazi como The Stooges tocando reggae. Eles tocaron como trío durante algúns meses ata incorporar a Guy Picciotto. Picciotto orixinalmente só cantaba, pero despois dun tempo comezou a tocar a guitarra tamén.
Fugazi sempre foi coñecido pola súa posición política, percorreron o mundo promovendo un estilo de vida san e a crítica cara ás institucións e corporacións aos seus seguidores durante as súas enérxicas actuacións. Atribúeselles ser os pais do son emocore.
[editar] Membros
- Ian MacKaye: guitarra e voz.
- Guy Picciotto: guitarra e voz.
- Joe Lally: baixo.
- Brendan Canty: batería.
[editar] Discografía
[editar] Álbumes
- 13 Songs - 1989 (Dischord)
- Repeater - 1990 (Dischord)
- Repeater + 3 songs - 1990 (Dischord)
- Steady Diet Of Nothing - 1991 (Dischord)
- In On The Kill Taker - 1993 (Dischord)
- Red Medicine - 1995 (Dischord)
- Instrument - 1998 (Dischord)
- End Hits - 1999 (Dischord)
- The Argument - 2001 (Dischord)