Glándula
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha glándula é un epitelio especializado na secreción de sustancias, que se desenvolven a partir das superficies epiteliais invaxinándose para o tecido conectivo subxacente. Esta substancia pode ser excretada dentro do Sistema circulatorio ou fóra del. No primeiro caso a glándula ten unha función endócrina e no segundo unha función exócrina. Unha glándula pode conter os dous tipos de función ao mesmo tempo. O páncreas, por exemplo, contén as dúas funcións. O páncreas endócrino é responsábel da produción de insulina e o páncreas exócrino é responsábel da produción de encimas dixestivas (lipase e amilase) responsábeis por axudar na dixestión das proteínas.
O tecido adiposo é a maior glándula endócrina do organismo humano, como ficou probado hai pouco tempo, cando se recoñeceu a liberación de diversas substancias polos adipócitos (células de graxa), no canto do fígado, anteriormente detentor deste título.
[editar] Listado de glándulas
- Glándula bulbocavernosa.
- Glándula lacrimal
- Glándula mamaria
- Glándula pancreática
- Glándula pineal
- Glándula pituitaria
- Glándula prostática
- Glándula salival
- Glándula sebácea
- Glándula submandibular.
- Glándula sudorípara
- Glándula suprarrenal
- Glándula tiroides
- Glándula vulvovaxinal
- Glándula parótide.
Categoría:Glándulas