Gran Premio de Mónaco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este circuito atópase en Montecarlo, Mónaco e ten unha lonxitude de 3'37 quilómetros ao cal se dan 78 voltas. O récord de volta rápida tena Jarno Trulli e de pole Michael Schumacher.
Chámanlle "O circuito dos mestres" porque é un circuito realmente complicado. Trátase dunha estrada pola que a diario circulan milleiros de coches, situada ao lado do porto de Mónaco e que está pechada ao tráfico cando se realiza a carreira.
Este é, probablemente o cicuito máis esperado da tempada porque é cando se sabe quen é bo piloto e sabe dominar ben o seu monopraza e quen, sinxelamente, conta con boa sorte.
É un dos circuitos dos que non conta de podio, polo feito de atoparse no medio da cidade. Nesta tempada 2005 subíronse ao podio improvisado Kimi Raikkonen, Nick Heidfeld e Mark Webber.