Grant Allen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Grant Allen (Kingston, Ontario 1848 - Haslemere, Surrey 1899) escritor científico e novelista canadiano.
Fillo dun pastor protestante inglés, estudou en Inglaterra e Francia, e en 1873 foi empregado como profesor en Xamaica.
Allen, a pesar da súa formación relixiosa tiña unha ideoloxía agnóstica e socialista. En 1876 regresou a Inglaterra, onde gañou reputación cos seus escritos científicos e obras literarias.
Os seus primeiros libros foron de divulgación científica como Physiological Æsthetics (1877) e Flowers and Their Pedigrees. Entre 1884 e 1899 escribiu 30 novelas, The Woman Who Did (1895) foi a máis popular, conta a historia dunha muller independente que ten un fillo fóra do matrimonio. w
[editar] Obras
- Physiological Æsthetics - (1877)
- Philistia - (1884)
- The Devil's Die- (1888)
- The White Man's Foot - (1888)
- The Great Taboo - (1891)
- The British Barbarians - (1895)
- The Woman Who Did - (1895)
- The Evolution of the Idea of God - (1897)