Gravado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gravar (que literalmente é facer unha incisión) faise normalmente sobre metal ou sobre madeira (xilografía). Mediante o proceso de gravar obtense unha matriz que se utilizará para estampar, normalmente sobre papel ou tea, e obter o que comúnmente se chama gravado pero que específicamente é unha estampa. Este proceso permite obter varios exemplares dunha mesma matriz, ainda que cada unha das estampas ou copias é unha obra única. Segundo a técnica ou material usados, poden ser:
- Gravado en relevo (xilografía, linoleografía...)
- Gravado en oco (buril, punta seca, maneira negra, augaforte, augatinta, verniz blando...)
- Gravado planográfico (litografía, serigrafía...)