Grupo Independiente Liberal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Grupo Independiente Liberal (GIL) foi un partido español populista fundado por Jesús Gil y Gil en 1991. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 en Marbella e conseguíu a alcaldía da cidade, realizou unha política de loita contra o crime e de ornamentación da cidade cun gasto público desmesurado, obstruíndo os intentos de fiscalización de difererentes institucións públicas. O GIL extendeu a súa actuación a outras cidades da Costa do Sol e por Andalucía conseguindo o goberno de Barbate, Los Barrios, Chipiona, Jerez de la Frontera, La Línea de la Concepción, Puerto Real, Sanlúcar de Barrameda, Tarifa, Estepona,Fuengirola e Torremolinos ademais de Ceuta.
Condenado por prevaricación pola Audiencia de Málaga, Jesús Gil tivo que deixa-la alcadía de Marbella no 2002 en mans de Julián Muñoz e o GIL acabou por disolverse en agosto de 2003.
[editar] Eleccións
- Eleccións municipais 1995: 36.438 votos (0.16%) 43 concelleiros
- Eleccións municipais 1999: 87.743 votos (0.41%) 93 concelleiros
- Eleccións municipais 2003: 26.363 votos 20 concelleiros