Gwyndolyn Conger
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Gwyndolyn Conger Casou con John Steinbeck en 1943 e divorciouse en 1948. A parella tivo dous fillos: Thomas "Thom" Steinbeck que naceu o 2 de agosto de 1944 e John Steinbeck IV que naceu o 12 de xuño de 1946. Thomas Steinbeck é escritor de ficción, autor de numerosos guións cinematográficos e autor dunha colección de relatos, Down to a Soundless Sea. John Steinbeck IV, o seu segundo fillo foi xornalista. Gañou un Premio Emmy polo seu traballo durante a Guerra do Vietnam. A súa única obra publicada foi In touch, un libro sobre a experiencia coas drogas na década dos sesenta. Morreu o 7 de febreiro de 1991. A súa viúva Nancy publicou postumamente as súas memorias The Other Side of Eden. Gwyndolyn Conger morreu o 30 de decembro de 1975 en Colorado (Estados Unidos)