Talk:Heavy Metal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eu opino que a definición aquí dada de que é o heavy metal está un pouco equivocada.
Entre outras cousas o dobre bombo na batería so o soen utilizar grupos do denominado "metal extremo" para darlle unha maior contundencia ós rítmos dos seus temas.
Outro punto a aclarar é o de "guitarras moi amplificadas", a que te refires?, a que o heavy metal tócase con moito volume? Pódese tocar heavy co amplificador ó mínimo e ser metal de verdade.
En canto ó de "rítmos agresivos" opino que hai cantidade de cancións heavys con rítmos pausados, incluso hai moitas baladas e siguen sendo heavy metal.
O da temática obscura, ahi terás razón. Últimamente ,por desgracia, saen moitos grupos que se fan denominar como "heavy metal" e cantan demasiado sobre Dragóns e Mazmorras.
[editar] Definindo, definindo...
Se tentamos explicarlle a alguén que é o Heavy Metal desta maneira, entenderá calqueira cousa menos o que realmente é.
Tal definición é á vez convencional, insuficiente, indescriptiva...
Velaí unha proposta:
Estilo musical derivado do Rock & Roll dos anos cincuenta. Algúns músicos dos anos sesenta comezaron a experimentar incluíndo técnicas de composición contemporáneas, técnicas clásica e barroca e cunha certa velocidade de execución. Consecuentemente, fóronse simplificando as bases rítmicas, para que permitisen encadrar nos compases 4x4 do Rock arpexios e secuencias propias da música clásica.
Logo dos grupos como Deep Purple, os guitarristas coma primeiro Hendrix (anque este non fose heavy) e logo Eddie Van Hallen ou Yngwie Malmsteen, o metal sufreu unha forte evolución. Segundo as características que primase cada grupo, seguiría unha ou outra variante.
Así, por exemplo, temos o Metal Barroco onde, igual que no barroco clásico, a característica fundamental é o excesivo detalle, os adornos e a complexidade; o Metal Neo-Clásico, no cal predominan os arranxos sinxelos e completos.
Como estilo, o metal encádrase no movemento post-realista. Os anos da postguerra remataron, o vivir a vida está de moda co rock, mais algúns grupos minoritarios non atopan suficiente nesa moda. Igual que noutras épocas (o Gótico Clásico e o Romanticismo o fundamental foi mirar atrás, ó pasado, na busca dun mundo máis completo, máis, digamos, interesante, os heavies votan a vista atrás, na busca das súas raíces.
Este interés pola raíz cultural, ademais de favorecer o desenrolo dun estilo musical que encadra dentro de si mesmo case que calqueira outro estilo (rock, blues, folk, barroco clásico, romántico, etc.), tivo a inevitable consecuencia de revivir a mitoloxía europea (un tanto apagada pola influencia aplastante da nova cultura americana).
De feito, a obra de J.R.R. Tolkien O Señor dos aneis foi publicada en 1956, marcando un novo revivir da mitoloxía. É lóxico entón que influíra moitísimo dunha ou de outra maneira na orda heavy. Nos mundos épicos como os de Tolkien e outros, é onde millor se poden despregar todo ese conxunto de virtudes como a honra, o deber, a ansia da paz (e a gloria nas loitas xustas) das que tanto carece o mundo de mediados e finais do século XX.
En xeral as influencias literarias no metal poden abranguer dende Lovecraft ata o mentado Tolkien, pasando por Cervantes ou Shakespeare. Algúns heavies seguen máis as historias épicas coma O Señor dos Aneis e outros preferen as historias de bruxas, de demos ou trasgos...
Algúns rasgos son propios dos heavies, como a ansia de liberdade individual non incongruente co sentido do deber, das obrigas. Outros rasgos comúns nos heavies sono para calqueira colectivo minoritario que persista máis duns cantos anos, como o sentemento de pertenza ou identificación co grupo. Así, dous dos temas predilectos dos grupos heavies son a Unidade e a Resistencia: algo así como estar Unidos como medio para poder seguir estando Unidos.
Que vos parece? --Karlggest 4 xullo 2005 17:26 (UTC)