Hendrick Avercamp
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hendrick Avercamp, nado en Amsterdam, (27 de xaneiro de 1585 - falecido en Kampen, 15 de maio, 1634) era un pintor holandés, especializado en pintura paisaxística de tema invernal.
Era xordo e coñecido como “o mudo de Kampen". Estudou na súa cidade natal con o pintor Pieter Hendrick (1569-1625). Foi un dos primeiros pintores paisaxísticos da escola holandesa do século XVII, especializándose nas paisaxesi invernais do seu país. As obras de Avercamp están cheas de colorido e vivacidade, con una atenta colocación das persoaxes na escena...
O traballo de Avercamp gozou de grande popularidade ed vendendo moitas das súas obras, en boa parte realizadas á acuarela. A mesma raíña Isabel II de Inglaterra tivo unha excepcional colección das súas pinturas no castelo de Windsor. Hendrick Avercamp faleceu en Kampen, Holanda, en 1634.
[editar] Continuadores
As pinturas de paisaxes invernais de Hendrick Avercamp tiveron continuadores como Jan van Goyen, Aart van der Neer, Antonie van Stralen e Jan van de Capelle.
[editar] Obra (selección)
- Paisaxe de Inverno, Rijksmuseum, Amsterdam
- O Inverno, Mauritshuis, A Haia
- Escena na neve, "Rijksmuseum Kröller-Müller", Otterlo
- Escena invernal, "Museum Boymans-van Beuningen", Rotterdam
- Paisaxe de inverno, "Kunsthistorisches museum", Viena,
- Escena invernal en Yselmuiden, "Musée d'art et d'histoire", Xenebra
- Escena sobre o xelo cerca dunha cidade, "National Gallery", Londres
- Paisaxe de inverno con persoaxes, "National Gallery of Scotland", Edimbourg
- Escena sobre o xelo, "National Gallery of Ireland", Dublin