Herba de aquí e de acolá
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Herba de aquí e de acolá é un poemario publicado por Álvaro Cunqueiro en 1980. A obra está composta por un feixe de poemas do mellor Cunqueiro, nos que amosa unha vez máis a modernidade da súa escritura nos que se amosa pegadas do vangardismo, neotrobadorismo e modernidade nun poemario xa célebre. Gárdanse nas súas páxinas pezas mestras, nun conxunto que resultou clave na modernización da lírica galega a partir dos anos 80.