Herri Batasuna
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Herri Batasuna (HB) foi unha coalición política independentista vasca de esquerdas fundada en 1978 e que desapareceu en ó crearse Batasuna (1988) no cal se integraron a maioría dos seus membros agás o grupo que deu lugar a Aralar.
Defendía como programa político a alternativa KAS para a independencia de Euskal Herria o que implicaba o rexeitamento á constitución española e ó estatuto de autonomía do País Vasco.
Presentábase ás eleccións pero non adoitaban participaban nos plenos dos parlamentos nos que tiñan representación. Frecuentemente relacionada con ETA a coalición sempre negou calquera vincallo coa banda armada.
Constituída a raíz da Mesa de Alsasua integráronse na coalición Acción Nacionalista Vasca, Euskal Sozialista Biltzarrea, Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea e Langile Abertzaleen Iraultzarako Alderdia ademais de dirixentes destacados e moitos militantes de Euskadiko Ezkerra . Vencellados a HB estaban as Xestoras Pro Amnistía, o sindicato LAB e as mocidades Jarrai