Hipocentro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O hipocentro ou foco dun terremoto é o lugar no interior da Terra onde se dá o movimento que produce a liberación de enerxía por meio de ondas sísmicas. Este ponto pode ser localizado ás veces case na superficie, nos casos onde a actividade sísmica é resultante de vulcanismo. Os hipocentros máis profundos rexistraronse a preto de 700 km de profundidade, na zona de subducción do oeste da América do Sur. Unha vez que a enerxía que causa un terremoto resulta da ruptura fráxil ou semi-fráxil da cortiza terrestre, a profundidade do hipocentro está limitada á zona máis superficial, onde a cortiza é fráxil (por oposición ao manto que ten características ducteis.