Histoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A histoloxía é a disciplina que estuda todo o referente aos tecidos orgánicos: a súa estrutura microscópica, o seu desenvolvemento e as súas funcións. A histoloxía é parte da anatomía e identifícase en gran medida co que se chamou ás veces anatomía microscópica.
A existencia de tecidos só se recoñece sen discusión en dous grupos de organismos; a saber, as plantas vasculares (parte do reino Plantae) e os metazoos (parte do reino Animalia). Esta é a razón pola que se pode afirmar que existen dúas disciplinas separadas ás que se chama histoloxía animal e histoloxía vexetal, cada unha con contidos e técnicas diferenciados.
[editar] Histoloxía animal
Tipos de tecidos:
-
-
- Tecido epitelial
- Epitelio de revestimento
- Epitelio de glándulas
- Tecido conxuntivo
- Tecido adiposo
- Tecido unilocular
- Tecido plurilocular ou multilocular
- Tecido cartilaxinoso
- Tecido óseo
- Sangue
- Tecido hematopoético
- Tecido muscular
- Tecido muscular estriado esquelético
- Tecido muscular estriado cardíaco
- Tecido muscular liso
- Tecido nervioso
- Tecido epitelial
-
[editar] Histoloxía Vexetal
Considéranse dous tipos de tecidos:
-
-
- Tecidos simples, formados por un só tipo celular (parénquima e clorénquima).
- Tecidos compostos, compostos por varios tipos de células (xilema, floema, epidermis,...)
-
Dependendo da súa función, clasifícanse os tecidos en: