Historia urbana de San Paulo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A orixe da cidade de San Paulo é o patio dun colexio xesuíta que, no 1554, na festividade da conversión de San Paulo, fundan uns misioneiros da Compañía para evanxelizar aos indios da rexión [1]. Elixen un outeiro protexido polos vales de dous regatos: o Anhangabaú ao oeste e o Tamanduateí ao leste [2].
Ao arredor configúrase unha pequena vila que terá forma triangular: nos vértices, tres centros relixiosos, e tres rúas delimitadoras: rúa Direita, de leste a oeste, entre o Colexio e o convento de San Francisco ata o Anhangabaú; rúa Sao Bento, de sur a norte, entre S.Francisco e o convento de Sao Bento; e facendo de hipotenusa, a rúa XV de Novembro [3].
Así vai permanecer prácticamente ata a segunda metade do século XIX [4] cando, da man da expansión do cultivo do café pola rexión e o ferrocarril que o trasportaba ata o porto de Santos, na costa, a cidade de San Paulo vaise desenrolar frenéticamente ata se converter nunha metrópolis [5].
Primeiro, oubo que salvar a orografía que a constreñía, e fíxose cos viaductos que caracterizan a actual urbe. Os primeiros, que salvan o Anhangabaú: o do Chá continuando a rúa Direita ata o Teatro Municipal [6]; e o de Santa Efixenia, máis ao norte, dende Sao Bento ata a igrexa de Sta. Efixenia no barrio homónimo ([7] Sao Paulo en 1913).
Despois a cidade medrou brutal e descontroladamente por mera xustaposición de barrios [8]. O máis destacado por seren o corazón da actual cidade, o do suroeste, en torno a Avenida Paulista [9][10].