Hyalospongiae
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A clase Hyalospongiae ou Hexactinellida é un grupo de animais pertencentes o filo Porifera aínda que algúns investigadores considran que son o suficientemente distintas como para crear o seu propio phylum, Symplasma. Son coñecidas vulgarmente como Esponxas vítreas. Son esponxas cuxas espículas do esqueleto mineral son todas elas de sílice cristalizado de seis radios ou espículas triaxonas, moitas veces unidas formando unha rede.
[editar] Estrutura
As fibras de esponxina, pode presentalas ou non, según especies. De feito, existen especies de hexactinélidas que carecen de esqueleto algún.Cando as presenta, ten Megascleras e Microcleras diferenciadas. A parede do corpo é cavernosa, formada por unha trama trabecular, o que as convirte en membros do tipo Sicon ou Leucon.
O pinacodermo é inexistente (non ten epitelio superficial), e é substituído por unha membrana dermal acelular. A capa de coanocitos pode ser sincitial.
Unha habilidade que posúen estas esponxas é a dun sistema único para a rápida condución dos impulsos eléctricos traspasando os seus corpos, facendo posible que elas poidan respostar rápidamente ós estímulos externos.
Todas elas son mariñas, e de preferencia por augas profundas.
[editar] Clasificación das esponxas hexactinélidas
A clase presenta dúas subclases:
- Subclase Amphidiscophora (Con xéneros, entre outros, como Pheronema ou Monorhaphes)
- subclase Hexasterophora (con xéneros, entre outros, como Hexactinella ou Leptofragmella)
[editar] Listaxe das esponxas hexactinélidas máis coñecidas (por orde alfabetica do nome científico)
- Aphrocallistes vastus
- Asconema setubalense
- Euplectella aspergillum (ou "regadeira de Filipinas").
- Euplectella aspergilus (ou "cesta de Venus").
- Hyalonema schmidti
- Oopsaca minuta
- Pheronema grayi (ou niño de mar).
- Protospongia (fósil máis antigo; -540 MA; Cámbrico)
- Staurocalyptus solidus