Illa de Tambo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atópase no fondo da ría de Pontevedra, pertencendo o concello de Poio do que esta separado por una canle de 1,1 km pero de pouca profundidade.
A súa superficie é de 1,5 km2, cunha altura máxima de 80m, aínda que toda a súa parte central sobrepada os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4Km.
No século XII a illa de Tambo pertencía á raíña Dona Urraca e foi donada ao mosteiro de San Xoán de Poio . Os veciños de Combarro usaron a illa durante séculos, onde traballaban as súas terras e celebraban romerías. En 1759 a capela existente na illa, cuxa construcción orixinal data do século VI, foi víctima do saqueo do corsario Francis Drake, o cal arroxou a figura de Santa María de Gracia ao mar.
En 1846, coa desamortización de Mendizábal, quítaselle aos monxes de Poio e anos despois é mercada polo ministro de Xustiza, Montero Ríos. Nese mesmo século contrúese un lazareto na illa, que entre os anos 1865 e 1879 foi usado para poñer en cuarentena aos mariñeiros que chegaban ao porto de Marín con enfermidades. Debido ás protestas dos cidadáns de Pontevedra, o lazareto foi trasladado á illa de San Simón, na ría de Vigo, e en 1889 a illa convertiríase en penitenciaría militar.
Coa creación da Escola Naval Militar en Marín, en 1943 a illa militarízase e pasa a ser utilizada como arsenal.
Referencias relacionadas con Galicia |
||