Interrogación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A interrogación, amais de ser unha secuencia que serve para pescudar, pode referirse o signo ortográfico (?) que se pon ó final (ás veces tamén ó inicio) dunha frase interrogativa.
As oracións interrogativas caracterízanse por unha entoación peculiar. Distínguense dous tipos:
- Interrogativa absoluta ou total (dáse naquelas preguntas ás que se responde cunha afirmación ou negación). Caracterízase por un ton medio máis alto có da entoación enunciativa, polo que a rama inicial presenta unha forte elevación; o corpo ascende lentamente e o tonema é descendente.
Nalgunhas zonas (en xeral arredor da ría de Vigo) esta entoación presenta unha forte elevación coincidindo coa última sílaba tónica.
- Interrogativa relativa (introducida por un interrogativo) A rama inicial presenta un forte ascenso coincidindo o punto máximo coa sílaba tónica do interrogativo; o corpo e o tonema seguen unha liña uniforme descendente.
[editar] Colocación do punto de interrogación
O signo ortográfico que marca a interrogación é en galego o ?, e colócase ao final da frase interrogativa. Con todo, está gramaticalmente aconsellado colocar un signo inicia de interrogación (¿) en períodos longos, onde pode resultar confuso saber onde comeza a entoación interrogativa e, conseguintemente, a determinación da pregunta.