Isoruku Yamamoto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Nagoaka, Xapón, 1884 - Illas Salomón, 1944) Almirante xaponés. Cursou estudos na Escola Naval e máis tarde participou na guerra ruso-xaponesa. En 1926 fue nomeado agregado naval da embaixada xaponesa en Washington e, entre 1934 y 1935, representou ó seu país na conferenza naval de Londres, na que rexeitou as peticións internacionais para que o Xapón reducira a súa flota de guerra.
En 1936 foi nomeado viceministro da flota xaponesa e, pouco despois do inicio da Segunda Guerra Mundial, comandante en xefe das forzas navais. Opúsose á participación xaponesa na contienda bélica, argumentando que Xapón non contaba cos recursos necesarios para vencer a Estados Unidos, pero unha vez decidida, planificou o ataque sobre Pearl Harbor, convencido de que só un ataque por sorpresa danaría ás forzas estadounidenses. Nembargantes, tal como predicira, trala victoria estadounidense na batalla de Midway a guerra cambiou de signo e comezou o declive do Xapón.
Yamamoto morreu durante unha inspección da fronte, ó ser derribado o avión no que viaxaba polo exército estadounidense, que lograra descifra-lo código secreto dos xaponeses e coñecía a ruta que ía segui-lo aparato que trasladaba ó almirante.