Júlio Dantas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Júlio Dantas Lagos (1876- Lisboa 1962) foi un escritor, xornalista, diplomático e político portugués.
Fillo de militar, estudou nun colexio militar de Lisboa e máis tarde medicina, publicou o seu primeiro artigo en 1893 no xornal Novidades, foi oficial médico no exército portugués, presidente da Academia de Ciencias de Lisba, ministro de instrución pública, de asuntos exteriores (1922-1923) e embaixador no Brasil (1941-1949).
A maior parte das súas obras de teatro e novelas ambiéntanse no pasado histórico, pero as súas mellores obras, Paço de Vieiros ou O resposteiro verde escribiunas nun estilo naturalista. A ceia dos cardeais foi enormemente popular no seu tempo e baseado na súa obra teatral A Severa fíxose o primeiro filme sonoro portugués en 1931.
Índice |
[editar] Obra
[editar] Poesía
- Nada (1896)
- Sonetos (1916)
[editar] Teatro
- O Que Morreu de Amor (1899)
- Viriato Trágico (1900)
- A Severa (1901)
- A Ceia dos Cardeais (1902)
- Paço de Vieiros (1903),
- Um Serão nas Laranjeiras (1904)
- Rosas de Todo o Ano (1907)
- Auto de El-Rei Seleuco de Camões (1908)
- Soror Mariana (1915)
- O Reposteiro Verde (1912)
- Frei António das Chagas (1947)
- Outono em flor (1949)
[editar] Prosa
- Outros Tempos (1909)
- Figuras de Ontem e de Hoje (1914)
- Pátria Portuguesa (1914)
- O Amor em Portugal no Século XVIII (1915)
- Abelhas Doiradas (1920)
- Arte de Amar (1922)
- Cartas de Londres (1927)
- Alta Roda (1932)
- Viagens em Espanha (1936)
- Marcha triunfal (1954)