Jacquerie
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Jacquerie foi unha revolta campesina que ocorreu no Norte de Francia entre o 28 de maio e o 24 de xuño de 1358, durante a Guerra dos Cen Anos. A designación deriva de Jacques Bonhomme, o nome con connotación paternalista dado xenericamente a un labrego da rexión. A revolta iniciouse de forma espontánea, reflectindo a sensación de desespero en que vivían as camadas máis pobres da sociedade, depois da Peste Negra, nunha altura en que Franza se encontraba nun vacío de poder e á mercé das compañías libres, bandos de mercenraios renegados que vagueavan polo país. As elites acabaran por esmagar a revolta menos de un mes depois, matando no proceso cerca de 20,000 homse, o que viría a contribuir para o agravamento das condicións demográficas do país.
A palabra "Jacquerie" pasou a ser sinônimo de rebelión campesina, e por séculos a nobreza viviu sob o temor dunha repetición do episodio. Na memoria popular, a Jacquerie é vista como unha serie de masacres feitos polos labregos contra a nobreza. Na realidade, porén, os servos rebeldes estaban máis preocupados coa pillaxe, a comida e a bebida dos castelos do que co asasinato de seus ocupantes. Frecuentemente, esquécese que padres, artesáns e pequenos mercadores ocasionalmente se xuntaran aos camponeses durante estas rebelións.
Índice |
[editar] Antecedentes
A situación política en Franza en meados do século XIV era política e socialmente caótica. O país fora gravemente afectado pola epidemia de Peste Negra que deflagrara en 1348 e custara a vida de cerca dun terzo da populación. A doenza atacou todas as clases sociais e dicimou os camponeses, comprometendo a produción agrícola, o que pola súa vez causou fame e aumento de prezos. En 1356, ainda na resaca desta epidemia, Franza perdeu a Batalla de Poitiers frente a Inglaterra de forma desastrosa. O condestável de Franza e os seus dous marechais, ben como unha fatía importante da nobreza, perderan a vida no confronto, mais pior, o rei Xoán II, o Bon, oseu fillo máis novo Filipe de Valois e moitos outros foran feitos prisioneiros e levados polo Príncipe Negro. Todos estes personaxes importantes debían pagar un resgate pola sua libertación. O resgate do rei era unha fortuna que arruinaba o país. Para alén do peso económico, a falta do soberano lanzou o país nun vacío de poder, entregado á loita entre Carlos, o Delfín, herdeiro de Xoán II, e a burguesía de influencia crecente. Para alén de todos os problemas internos, o campo era asolado por bandos de mercenarios, renegados e expropriados que pillaban e devastaban aldeas e vilas. A protección dos campesinos de malfeitores era unha responsabilidade do señor nobre que detiña as terras, mais nesta altura a nobreza estaba igualmente despopulada debido á peste, ás mortes en combate e á ruína debido aos impostos e resgates, sendo incapaz de prestar o auxilio necesario.
[editar] A Jacquerie
Resentidos contra a falta de protección e desencantados coo estatuto do nobre depois das derrotas humillantes de Crécy e Poitiers, os campesinos revoltáronse contra a clase dominante. A rebelión comezou o 28 de maio de 1358 na aldea de St.LeusurOise, depois dunha reunión de campesinos. Os ánimos exaltáranse, a indignación contra a clase nobre subiu de ton e os homes reuniron as armas que puideron e invadiron a casa do señor local. A familía foi asasinada e a propriedade incendiada. A violencia propagouse ás aldeas viciñas e días depois o motín era xeneralizado, envolvendo millares de camponeses en furia. O cronista Jean Froisart rexistou máis de 150 propiedades destruídas nas rexións de Coucy, Soisons, Amiens e Laon sen que houbese intervención contraria aos campesinos. En vez de reaxir, os señores locais fuxiron para as cidades próximais coas familias, abandonando as súas casas e bens á pillaxe. O clero foi tamén afectado e algúns mosteiros e igrexas queimados.
No meio da anarquía que caracterizaba o movimento, surxiu Guillaume Cale, un home da Picardía con carisma e capacidade de lideranza suficiente para influenciar os seus pares. Cale organizou un consello e procurou estabelecer unha hierarquía militar nas hordas de camponeses, organizando loxística e batallóns militares. Adoptou ainda o grito de guerra Montxoie et St. Denis!, o grito do rei, para realzar o facto de que os Jacques nos estavan contra a casa real, mais si contra os nobres. Cale conseguiu ainda o apoio de varias cidades para a causa e a simpatía de varios sectores da burguesía, con algúns artesáns e comerciantes a xuntárense persoalmente á causa. De entre os apoiantes da revolta contábase Etienne Marcel, Preboste de París e líder da oposición ao partido realista do Delfín Carlos.
Apesar do comando de Guillaume Cale e seus capitáns, a masa de campesinos en revolta non estaba unificada en nengún ideal comun, para alén da manifestación de desagrado. É incerto se entre os líderes da revolta había planos ou non para unha mudanza fundamental na organización política.
A 9 de xuño, a horda de campesinos de cerca de 9000 homes dirixiuse para a cidade de Meaux, onde se encontraba a familia real, incluindo o Delfín e a muller Joana de Bourbon, as fillas do casal e innúmeras señoras nobres que procuraran protección xunto do rexente. Os dous líderes da cidade xuraron "defender a honra" das damas presentes (ou sexa, impedir que fosen estupradas polos camponeses) mais non conseguiron oferecer resistencia á ocupación da cidade polos labregos. A situación tornábase máis desesperadora a cada día e nen Cale tiña control sobre os seus homens.
É nesta altura que surxen o Captal de Buch e Gastão Febo, Conde de Foix, dous cabaleiros regresados dunha campaña na Prusia. Nengún dos dous homes debçia lealdade á casa de Valois, mais a idea de innúmeras damas en perigo de estupro foi suficiente para entusiasmarlles o espírito cavalleiresco e tomaren a decisión de rumar a Meaux cos seus exércitos. Buch e Foix entraron na cidade con 120 homens e ocuparon a ponte que conducía á cidadela. A horda de campesinos tentou forzar a entrada, mais a ponte impedía que fixesen uso da súa enorme superioridade numérica. O resultado foi a morte de centenas de Jacques e un día de gloria para os cabaleiros defensores. O evento motivou ainda o inicio dunha resposta concertada da nobreza contra a Jacquerie. En breve foi pedida axuda militar aos condados viciños da Flandres e Hainaut e ao Ducado de Brabante.
De entre os nobres que responderon á chamada para dominar a Jacquerie encontrábase o Rei Carlos II de Navarra, un home conflituoso e envolvido había anos en confrontos diplomáticos coa coroa de Franza. A Carlos II interesaba resolver a situación, non só porque isto lle traería dividendos políticos, mais porque era Conde de Evreux, un dos territórios atinxidos. A 10 de xuño o exército de Carlos II aproximouse dos Jacques. Cale, que comandaba esta horda, ordenou a retirada para París, mais os campesinos rexeitaron obedecelo. Os dous exércitos encontráronse en Clermont e Cale ordenou formación para a batalla, organizando as súas tropas en tres batallóns e dispondo os arqueiros nunha posición defensiva. Sorprendido pola resistencia organizada, Carlos II decidiu mudar de táctica e convidou Cale para negociacións. O líder campesino aceitou, pensando que iría ser tratado co respeito que o ideal caballeiresco concedía a un inimigo. Mais para Carlos II, Cale era apenas un campesino e como tal non lle eran aplicados os principios de honra. Guillaume Cale foi preso e executado e os seus homes perseguidos e masacrados.
Entretanto, no Norte, os Jacques foron dominados polo exército comandado por Enguerrand VII, Señor de Coucy. O 24 de xuño máis de 20,000 camponeses morreron e a rexión estaba devastada.
[editar] Consecuencias
Depois da peste, fame e banditismo que tiñan asolado a región, o principal tributo da represión da Jacquerie foi en termos demográficos. Os campos férteis do Norte de Franza perderon ainda máis mans para os traballar, o que resultou en máis fame e pobreza. A clase campesina non foi a única afectada: sen homes para traballar as súas terras, os propios nobres acabaron por perder moito do seu rendimento. En París, a lideranza de Etienne Marcel ficou seriamente comprometida polo seu apoio á revolta. O preboste acabou asasinado pouco tempo depois, o que consolidou a posición do Delfín como líder nacional.
[editar] Referencia
- A Distant Mirror The calamitous 14th century, por Barbara Tuchman (cap. VII)
[editar] Ver tamén
- Irmandiños
- Revolta camponesa de 1381 23 anos depois, na Inglaterra, unha revolta dos campesinos en prol do fin da servidume e a favor da melloría das condicións de vida dos labregos, tamén cunha componente de revolta relixiosa asociada ao movemento dos Lolardos.
- Guerra dos campesinos Menos de 200 anos depois, na actual Alemaña, outra revolta de labregos, desta vez no contexto da Reforma protestante. Martiño Lutero acabaría no entanto por se distanciar dos revoltosos.
- Feudalismo
- Stadtluft macht frei