Jan Šverma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jan Šverma foi un activista político checoslovaco, considerado un heroe nacional durante o réxime comunista.
Naceu o 23 de marzo de 1903 en Mnichovo Hradiště, membro do Partido Comunista Checoslovaco, colaborou no seu xornal oficial Rudé Právo e desde 1929 cando entrou a dirección encabezada por Klement Gottwald foi membro do Comité Central e do Buró Político do PCC.
Redactor xefe de Rudé Právo (1936-1938). En 1938 pola situación política ten que se marchar a Moscova. Entre 1939 e 1940 traballou no Buró Exterior do PCC en París e cando entran os nazis marchou outra volta a Moscova para traballar na dirección do PCC converténdose nun dos colaboradores máis próximos a Gottwald e asumiu a dirección política das unidades militares checoslovacas que se forman na URSS.
Morreu o 10 de novembro de 1944 nas montañas eslovacas mentres dirixía a insurrección dos comunistas eslovacos contra o goberno filonazi.